Corea autorizará vendas Duty free a pasaxeiros chegando ao Aeroporto Incheon

Corea

Seguindo a tendencia mundial, o goberno coreano prevé unha modificación da lei de aduanas para engadir unha Zona “Duty Free” na entrada ao país do aeroporto de Incheon, ademais da que xa dispuña na zona de saídas. Espérase que a súa instalación finalice para Xuño de 2019. O límite de exención de impostos manterase en 600 $ pero non se permitirá a venda de tabaco, froita nin produtos gandeiros. Así mesmo, fortalecerase a inspección para minimizar posibles efectos negativos da súa instalación