Indonesia, limitacións ao investimento estranxeiro

Indonesia

Limitacións ao investimento estranxeiro O 23 abril, mediante Decreto Presidencial Nº39, a Axencia de Coordinación de Investimentos de Indonesia (BKPM), publicou unha nova versión da ”Lista negativa de investimentos”, coa relación de sectores pechados ao investimento estranxeiro e sectores abertos baixo certas condicións. A nova lista presenta tanto avances como retrocesos respecto da versión anterior, que databa de 2010.