O Goberno británico, nunha declaración anunciou o 28 de abril de 2022 que SE APRAZA a aplicación dos controis sanitarios e fitosanitarios que ían entrar en vigor en xullo de 2022, ata finais de 2023.
O Goberno británico, nunha declaración que se pode consultar en https://questions-statements.parliament.uk/written-statements/detail/2022-04-28/hcws796, anunciou o 28 de abril de 2022 que SE APRAZA a aplicación dos controis sanitarios e fitosanitarios que ían entrar en vigor en xullo de 2022, ata finais de 2023.
Con esta medida quere evitar os custos derivados destes controis ás empresas e consumidores británicos, dada a situación do conflito militar en Ucraína e o incremento dos prezos da enerxía. Considera que sería un erro impor novas cargas administrativas, e correr o risco de colapsar os portos e as cadeas de subministración neste momento. Estímase que aprazar estes controis aforrará ás empresas británicas ata 1.000 millóns de libras esterlinas.
A Declaración argumenta que os controis cuxa implantación en xullo aforra atrásase, replicarían o modelo de control que utiliza a UE nas súas importacións de terceiros países, modelo que resulta demasiado complexo e custoso. Está a traballarse nun novo modelo de controis aduaneiros, centrado na dixitalización das aduanas británicas. Este novo modelo basearase nunha avaliación adecuada do risco, cun enfoque de controis proporcionado, baseado no risco e tecnoloxicamente avanzado. Isto inclúe o Portelo Único de Comercio que comezará a funcionar a partir de 2023, a creación dun Ecosistema de Confianza entre o goberno e a industria, e outros proxectos de transformación como parte da súa Estratexia de Fronteiras 2025.
- CONTROIS SANITARIOS E FITOSANITARIOS QUE SEGUEN EN VIGOR PARA ALIMENTOS
Produtos de orixe animal para consumo humano e produtos compostos
Os produtos de orixe animal de consumo humano suxeitos a medidas de salvaguardia deben vir acompañados dun certificado sanitario de exportación, e o importador debe enviar unha notificación previa de importación vía IPAFFS antes da chegada da mercadoría. Os controis documentais realizaranse de forma remota. Os controis de identidade e controis físicos levarán a cabo nos puntos de destino sobre a base dunha análise de risco.
Para o resto dos produtos de orixe animal para consumo humano, mantense o requisito introducido en xaneiro 2022 de notificar as importacións a través de IPAFF, 24 horas antes da chegada da mercadoría.
Produtos da pesca
A maioría das importacións de peixe capturado no mar, así como algúns mariscos, deberán ir acompañadas dun Certificado de captura (así como outros documentos de pesca que preveña a pesca ilegal, cando sexa necesario). Mantéñense as notificacións previas a través de IPAFFS introducidas en xaneiro de 2022.
Produtos vexetais
Mantéñense os requisitos de importación exclusivamente para as plantas e produtos vexetais de alta prioridade. A listaxe destes produtos pódese consultar nesta ligazón, e basicamente resúmese en: maquinaria e vehículos agrícolas usados, todas as plantas para plantar, patacas de sementeira e de consumo, determinadas sementes, así como madeiras e material forestal. Para este tipo de produtos será necesario: notificacións previas en PEACH/IPAFFS, achegando certificados fitosanitarios e controis físicos en punto de destino autorizados.
Mantéñense as notificacións previas a través de PEACH/IPAFFS introducidas en xaneiro 2022
- CONTROIS SANITARIOS E FITOSANITARIOS QUE NON SE VAN A IMPLANTAR TRAS O ANUNCIO OFICIAL
Estes controis, que estaba previsto introducir a partir de xullo de 2022, non se van a introducir:
- Os controis SPS non se van a realizar nos puntos de control fronteirizo (BCP).
- No será necesario presentar declaraciones sumarias de importación para la mercancía procedente de la UE.
- La mercancía no necesita venir acompañada de un certificado sanitario o fitosanitario, ni será sometida a controles físicos o de identidad adicionales.
- Elimínanse as prohibicións e restricións para a importación de carnes refrigeradas da UE.
- PRÓXIMOS PASOS
A declaración indica que se actualizará o Border Operating Model ao seu debido tempo, posiblemente a partir de outono de 2022.
Para completar, esta información pódese acceder aos vínculos incluídos na mesma.