Grazas ás xestións realizadas pola UE, as autoridades tailandesas continúan aceptando os certificados de composición de viños segundo stándares internacionais. Deixan así en suspenso ata unha consideración máis fundamentada a esixencia da recente lexislación de impostos especiais que esixía análises segundo os stándares tailandeses, distintos dos internacionais, o que supuña a necesidade de novas análises.