Rusia. Entrou en vigor a modificación lexislativa (Lei SRL 218) sobre bebidas alcohólicas

Rusia

A pesar da moratoria solicitada pola UE, e1 1 de xullo de 2012 entrou en vigor a modificación lexislativa (Lei SRL 218) sobre bebidas alcohólicas. Establécense novas disposicións sobre etiquetaxe e unha nova clasificación. Introduciranse novos selos fiscais. As definicións apártanse nalgúns casos das normas internacionais e complícase o sistema de licenzas de importación.