Alxeria. Cotas á importación
Novo Decreto Executivo 15-306, do 6 de decembro de 2015, polo que se establece un novo sistema de licenzas á importación en Alxeria. Para a maioría dos produtos, a licenza será de concesión automática, pero unha ducia de produtos serán sometidos a cotas. As solicitudes de licenzas para as mercadorías suxeitas a cota serán estudadas, e, tras o período de avaliación, serán aprobadas ou rexeitadas. Esta nova medida atópase en vigor desde o 5 de xaneiro de 2016. Existen xa tres categorías de mercadorías para as que se estableceron as cotas de importación: vehículos (152.000 unidades), cemento Portland (2,2 millóns de toneladas), e aceiro corrugado (2 millóns de toneladas).Para máis información, por favor, contacten coa Oficina Económica e Comercial de España en Alxer:argel@comercio.mineco.es