Desde decembro 2017 esixía un Certificado de libre circulación do produto no país de orixe ou de procedencia para tramitar a súa importación. Esta disposición xerou gran incerteza entre as empresas españolas e europeas, por non saber quen ía ser "a autoridade competente" para emitir o este certificado. Desde marzo 2018, o modelo unificado a nivel europeo por Eurochambres, adoptado polas Cámaras de Comercio Oficiais en España, é recoñecido polo goberno alxerino. Trátase dunha certificación emitida polo exportador que deberá asinar e selar en papel en branco (sen cabeceira da empresa nin de Cámara) e presentar en duplicado para a legalización por parte da Cámara.