Alxeria acepta os certificados de libre circulación de produtos.

Alxeria  acepta os certificados de libre circulación de produtos.

Desde decembro 2017 esixía un Certificado de libre circulación do produto no país de orixe ou de procedencia para tramitar a súa importación.  Esta disposición xerou gran incerteza entre as empresas españolas e europeas, por non saber quen ía ser "a autoridade competente" para emitir o este certificado.    Desde marzo 2018, o modelo unificado a nivel europeo por Eurochambres, adoptado polas Cámaras de Comercio Oficiais en España, é recoñecido polo goberno alxerino. Trátase dunha certificación emitida polo exportador que deberá asinar e selar en papel en branco (sen cabeceira da empresa nin de Cámara) e presentar en duplicado para a legalización por parte da Cámara.