Brasil abre consulta pública para baixada de aranceis a determinados xoguetes

05/03/2020

A Secretaría Executiva da Cámara de Comercio Exterior (CAMEX) lanzou a consulta pública STRAT/SE-CAMEX nº 01/2020 relativa a unha redución de aranceis aplicados a algúns xoguetes, entre eles os triciclos, patinetes e coches de pedais, clasificados no NCM 9503.

Esta consulta, pretende solicitar información para avaliar a conveniencia de reducir os aranceis actuais de 35% a un 20%, e ten dous obxectivos principais:

  • Recibir suxestións, comentarios e análises técnicas e económicas en relación coa reclamación de Hasbro do Brasil Indústria e Comércio de Brinquedos LTDA. do 7 de novembro de 2017, na que a filial americana "requiría a inmediata e urxente redución arancelaria de xoguetes".
  • Garantir que o goberno federal poida dispor da maior cantidade de feitos, datos e análises para apoiar a decisión sobre o cambio arancelario, que é responsabilidade do Comité Executivo de Xestión da Cámara de Comercio Exterior - Camex, baixo os termos do Art. 7, IV do Decreto 10.044, do 4 de outubro de 2019.

Hasbro, a compañía que reivindica esta acción, argumenta que o sector fabricante de xoguetes tivo unha excesiva protección durante os últimos 20 anos,que gozou dunha medida de salvagarda de 10 anos de duración (1996-2006) e ademais incrementouse o imposto de importación ao tipo máximo consolidado por Brasil na OMC (35%) desde 2010 ata hoxe. Engade tamén que, en consecuencia, Brasil é un dos países máis caros para comprar xoguetes do mundo, con pouca complexidade tecnolóxica, menos variedade e menor diversidade.

A consulta pública está aberta ao público xeral e as partes interesadas en participar poderán facelo ata o 17 de marzo de 2020 no seguinte formulario electrónico: http://formsus.datasus.gov.br/site/formulario.php?ide_aplicacao=53210

Deberán identificarse correctamente, e indicar a súa relación con esta solicitude.

Fonte: CAMEX