Angola liberaliza investimento privado, equipara a local e estranxeira
Angola liberaliza investimento privado, equipara a local e estranxeira
O Parlamento de Angola aprobou a nova lei 10/18 que entrou en vigor o 17 de maio 2018 de investimento privado que liberaliza os investimentos no país e achanda as diferenzas de trato societario, regulatorio e fiscal entre empresas e investidores locais e estranxeiros. Reduce as preferencias locais nos sectores estratéxicos e regulados e elimina a esixencia de que en cada proxecto houbese unha aprticipación local mínima do 35%. Tamén uniformiza as vantaxes e incentivos fiscais nas zonas especiais de desenvolvemento.