Singapura. Elevación nun 25% das accisas (impostos especiais) sobre todas as bebidas alcohólicas
Singapura
No orzamento 2014/15, publicado o 21 de febreiro, decrétase unha elevación nun 25% das accisas (impostos especiais) sobre todas as bebidas alcohólicas, con efectos inmediatos. O argumento é a necesidade de manter o imposto en liña coa inflación, xa que a última subida data de 2004. O viño e as espirituosas pasan de 70 a 88 $/l de alcol e a cervexa de 48 a 60 $/l de alcol.