Ecuador reduce a sobretasa arancelaria
Ecuador
20.09.2016 - O pasado 6 de setembro de 2016, o Ministerio de Comercio Exterior de Ecuador aprobou unha resolución mediante a cal se reduce a sobretasa arancelaria de 40 a 35 puntos porcentuais, a de 25 a 15 puntos porcentuais, e mantén a sobretasa de 15 puntos porcentuais orixinal, a partir do 26 de outubro de 2016.
As sobretasas arancelarias por problemas na balanza de pagos comezáronse a aplicar en marzo de 2015, para 2.961 partidas arancelarias, cunha recarga de entre 5 e 45 puntos porcentuais adicionais.